Grazas a todas e a todos: aos que me votástedes, aos que non me votástedes, aos populares, aos que non son populares, aos que viven a política e aos que non a viven, á sociedade ourensán e galega, aos visitantes desta web, aos que se interesaron por este proceso congresual, aos medios de comunicación, á comisión organizadora, aos observadores e vixiantes, aos que vos vades a achegar próximamente ao PP de Ourense, aos máis de sete mil cidadáns que viñéstedes aos meus 70 actos de campaña...En definitiva moitísimas grazas. Escomenza unha nova etapa na miña forza política, caracterizada por ter despertado un interese pola política que non debemos desaproveitar...Hoxe principiaremos a cumprir o programa de goberno: xuntanza do comité de dirección na sede de O Barco de Valdeorras. Será ás dezanove horas. Despois acudirei á tradicional cena do primeiro luns de mes...Mañán pola mañán Parlamento...A vida sigue. Grazas por compartila conmigo con gañas de seguir traballando por Ourense e por Galicia. Apertas para todas e para todos.
Así calificamos o que estamos a percibir na rúa dende hai meses...Moita ilusión, moito optimismo, facer un partido máis atractivo...É o momento de Ourense e do PP...Moitas grazas a todos...Quedan vintecinco días. A expectación, non sólo na nosa provincia, xenerada pola cita fulcral do vindeiro 30 de xaneiro amosa o carácter decisivo para o futuro desta terra e das súas xentes. Manteñamos a intensidade, falemos empre en positivo, constrúamos, dialoguemos, escoitemos, traballemos...o congreso sólo é un instrumento, un paso necesario para facer do PP de Ourense o Partido dos Ourensáns, máis forte, máis sólido...Un discurso POTENTE, CONTUNDENTE, FIABLE. Hai que mollarse. É o noso momento. O MOMENTO DE OURENSE.
Data histórica a do dous de xaneiro de 2010.  Comenzamos o ano cun acontecemento que nunca antes se producira na historia política de Ourense: a sinatura e lectura dun manifesto de apoio a unha candidatura para dirixir unha organización política, avalado polo 95 % dos integrantes do máximo órgano desa forza política entre congresos. Alí estaban oitenta e cinco dos noventa e dous concellos da provincia representados ben polos seus alcaldes ou alcaldesas ben polos presidentes ou presidentas locais do PP. Un manifesto que dice o seguinte:


MANIFESTO DE SANTA CRUZ DE ARRABALDO

 

En Santa Cruz de Arrabaldo, na mañá do día dous de xaneiro do ano 2010, os abaixo asinantes, integrantes da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense, máximo órgano desta forza política entre congresos, coa participación e compromiso sen fisuras de alcaldes e responsables locais do partido en oitenta e cinco concellos dos noventa e dous que conforman a nosa provincia,

 

MANIFESTAMOS:

 

1º.- Que, ante a celebración o vindeiro día 30 de xaneiro do XV Congreso Provincial do Partido Popular de Ourense, sinalamos esa data como fundamental para o futuro da nosa organización política e da nosa provincia.

 

2º.- Que a política é un instrumento para a evolución da sociedade onde os cidadáns asumen o protagonismo e achégase un momento histórico para reafirmar o noso orgullo de ser ourensáns, conscientes dos retos que temos que superar xuntos, sinaladamente o de converter o P.P de Ourense, a indubidable forza política maioritaria, no partido dos ourensáns.

 

3º.- Que para acadar esa provincia de Ourense e ese PP de Ourense máis forte, máis ambicioso e ilusionado, APOIAMOS DE XEITO CONTUNDENTE, INEQUÍVOCO E DECIDIDO a candidatura de JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO á Presidencia da nosa organización política.

 

4º.- Convídamos a tódolos ourensáns a facer seu este proxecto político que nace do compromiso con esta terra e coas súas xentes, comezando o 30 de xaneiro, baixo a dirección de JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO e do seu equipo, a construír entre todos O FUTURO que nos está agardando.

 

 

En Santa Cruz de Arrabaldo, a dous de xaneiro de 2010

Anuncieino en maio de 2009 nunha conferencia que impartín en Debate Popular para falar das institucións autonómicas galegas. E hai dous días, o vintetrés de decembro, fixemos a presentación de Atlántida, o Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos. Acompáñanme na xunta directiva, que presido, os restantes membros fundadores: César Fernández -ribadaviense do 79, licenciado en filosofía pola USC-, Xan Xosé Rodríguez -arquitecto do 58, presidente do seu colexio profesional en Ourense-, José Luís Casas -ourensán do 36, escritor, intelectual, sobriño de Alvaro das Casas- e Miguel Anxo Bastos Boubeta -profesor de ciencias políticas e de xornalismo na USC-. Unha finalidade principal: a posta en valor da obra dos creadores do pensamento político galeguista. Sen ideoloxía política partidaria, adheríndonos dende o momento fundacional ao "manifesto da ourensanía" obra de González Tosar, Presidente do Pen Clube de Galicia. Agradezo a masiva presenza de autoridades e representacións ourensáns...O 14 de xaneiro virá a inaugurar as conferencias de Atlántida o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández que falará sobre "o galeguismo en Ourense: dende a xeración Nós a Gómez Franqueira". Longa vida a Atlántida.
A estas horas serían case cinco mil. O título deste post refírese ao número de avais de afiliados que presentei na sede do PP de Ourense este venres, tres días despois de iniciar a miña andaina oficial cara o XV Congreso e tres días antes de rematar o prazo para a presentación de candidatos á Presidencia. Incesante, abrumador, o número de personas que se achegaron pola "oficina do candidato" da Rúa Teluro de Auria. Fondamente satisfeito e contento por ter acadado o número récord de avais dun candidato nun proceso congresual dun partido en Galicia...Máis responsabilidade para administrar ese caudal de ilusión e confianza. Formalicei tamén á comisión organizadora a solicitude para dispoñer das sedes do partido na provincia durante a campaña electoral interna que se desenvolverá do 23 de decembro ata o 7 de xaneiro. Solicitei comenzar en Verín o día 26 ás oito da tarde...Moitas gañas e entusiasmo nos equipos de traballo, de análise e político que levan semanas protagonizando este movemento popular imparable. Tempo para as propostas organizativas. Agardo e desexo que existan máis candidaturas polo ben do partido. E pola maior forza do equipo directivo que elixan os representantes da militancia na fulcral cita, histórica, para o meu partido e para a provincia de Ourense do vindeiro 30 de xaneiro de 2010.
PP de Ourense
Facebook
Grupo de apoyo en Facebook
Youtube
Flickr
Twitter
Xunta de Galicia Congreso de los diputados Senado Parlamento Europeo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico Ourense
© 2009 Manuel Baltar - Todos los derechos reservados | Aviso Legal
ACV Galaica